Buscar neste blog

12/05/2017

Luces de Alén Mar

De novo LUCES DE ALÉN MAR en Compostela



Dende mediados do mes de abril e ata finais de maio a mostra Luces de Alén Mar permanecerá aberta no salón de actos do IES Lamas de Abade de Santiago de Compostela. Esta é a terceira vez que a exposición dedicada a conmemorar o centenario fundacional das sociedades galegas de instrución afincadas en América visita a cidade, despois da súa preestrea no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en xuño de 2012, e da súa inauguración oficial no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) en febreiro de 2013, onde se mantivo aberta ao longo de cinco meses.
O día 11 de maio o comisario da mostra, Vicente Peña Saavedra, fixo a súa presentación ante o profesorado e o alumnado do centro e acompañounos dirixindo unha visita guiada ao longo dos seus distintos paneis. A coordinación da actividade correu a cargo de Ana Mosquera, profesora de Lingua Galega naquel instituto.




A nova na prensa:

A nova na rede:

24/11/2016

Luces de Alén Mar


Volve LUCES á Terra Chá

Despois de ter percorrido, hai xa tres anos, varias localidades da Chaira luguesa, recalando nas parroquias de Santaballa, Vilalba, Lanzós e Cabreiros, retorna ao concello vilalbés a mostra Luces de Alén Mar. Desta volta amósase no CEIP Terra Chá, emprazado no lugar de Seivane, da parroquia de Santalla de Román. Dela poderá gozar o alumnado procedente de Rioaveso, San Lorenzo de Árbol, Carballido, Goiriz, Martiñán e da propia Román, escolarizado no devandito centro, canda o profesorado do colexio, así como tamén toda a veciñanza da contorna. A exposición, dedicada a conmemorar o centenario fundacional das sociedades galegas de instrución constituídas en América, permanecerá alí entre o 25 de novembro e o 20 de decembro.




A antiga casa-escola de Román, construída pola veciñanza da parroquia, asentada  a unha e outra beira do Atlantico, no sitio web do proxecto As Escolas da Emigración, do Arquivo da Emigración do Consello da Cultura Galega.

Grazas ao alumnado de 6º de Primaria que exerceu de guieiro da mostra no centro. Así mantense viva a memoria dos devanceiros e asegúrase a transmisión do seu legado ás novas xeracións. Parabéns pola colaboración.

15/11/2016

Luces de Alén Mar

LUCES DE ALÉN MAR no IES Xulián Magariños de Negreira

Exposición e conferencia.




Do 4 ao 23 de novembro de 2016 manterase aberta a exposición Luces de Alén Mar no IES Xulián Magariños de Negreira.
O día 8 de novembro, o comisario da mostra pronunciou unha conferencia inaugural dirixida ao profesorado e alumnado do instituto. A presentación correu a cargo do profesor Amancio Liñares Giraut, coordinador da actividade.


A nova na prensa:


La Voz de Galicia.

España Exterior.

El Correo Gallego.


A exposición nas RRSS:


A exposición nas RRSS1

A exposición nas RRSS2

A exposición nas RRSS3

A exposición nas RRSS4

A exposición nas RRSS5






20/06/2013

Luces de Alén Mar

LUCES DE ALÉN MAR. Presentación




Palabras de presentación no acto inaugural da mostra Luces de Alén Mar no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) o día 6 de febreiro de 2013.