Buscar neste blog

02/08/2022

Luces de Alén Mar

Rememorando

De Compostela a Ortigueira

Trala súa presentación en Compostela, a mostra trasladouse a Santa Marta de Ortigueira como segundo e último punto de recalada na súa fase de preestrea. Alí inaugurouse o día 3 de agosto de 2012, nun acto que contou coa presenza do presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, e o alcalde ortigueirés, Rafael Girón, entre outras autoridades, axentes culturais e veciñanza do lugar. No claustro inferior do antigo convento dos Dominicos e actual Casa Consistorial permaneceu durante o mes de agosto, prorrogándose a súa estadía tamén ao longo de todo o mes de setembro. Xa a comezos de outubro, os paneis da exposición volveron a Santiago para corrixir e ultimar algúns detalles, seleccionar as pezas documentais, xornalísticas, gráficas, escolares, museísticas, dixitais e multimedia que a arrequecerían na súa presentación oficial no MUPEGA en febreiro do ano seguinte e preparar a edición revisada e ampliada do catálogo da mesma. Pero esa é outra historia da que cumprirá ocuparse cando lle aqueza.

Dende as seguintes ligazóns pode coñecerse como recolleron a nova da inauguración en Ortigueira o portal  web do Consello da Cultura Galega e os periódicos España Exterior e Galicia en el mundo.