Buscar neste blog

24/11/2016

Luces de Alén Mar


Volve LUCES á Terra Chá

Despois de ter percorrido, hai xa tres anos, varias localidades da Chaira luguesa, recalando nas parroquias de Santaballa, Vilalba, Lanzós e Cabreiros, retorna ao concello vilalbés a mostra Luces de Alén Mar. Desta volta amósase no CEIP Terra Chá, emprazado no lugar de Seivane, da parroquia de Santalla de Román. Dela poderá gozar o alumnado procedente de Rioaveso, San Lorenzo de Árbol, Carballido, Goiriz, Martiñán e da propia Román, escolarizado no devandito centro, canda o profesorado do colexio, así como tamén toda a veciñanza da contorna. A exposición, dedicada a conmemorar o centenario fundacional das sociedades galegas de instrución constituídas en América, permanecerá alí entre o 25 de novembro e o 20 de decembro.




A antiga casa-escola de Román, construída pola veciñanza da parroquia, asentada  a unha e outra beira do Atlantico, no sitio web do proxecto As Escolas da Emigración, do Arquivo da Emigración do Consello da Cultura Galega.

Grazas ao alumnado de 6º de Primaria que exerceu de guieiro da mostra no centro. Así mantense viva a memoria dos devanceiros e asegúrase a transmisión do seu legado ás novas xeracións. Parabéns pola colaboración.

Ningún comentario:

Publicar un comentario