Buscar neste blog

14/08/2018

Luces de Alén Mar



Ares Indiano
Luces en Ares e Caamouco
No marco das actividades da primeira edición de Ares Indiano, a mostra Luces de Alén Mar recala por segunda vez na vila de Ares e na parroquia de Caamouco. Na capital do concello amosarase a versión en gran formato nas dependencias do Casino Aresano. En Caamouco poderase visitar a exposición en formato reducido na sede da Agrupación Instrutiva, que foi no seu día o colexio da sociedade Redes y Caamouco. A exposición permanecerá aberta ao público entre o 17 e o 19 de agosto. A inauguración da mesma e dos actos de Ares Indiano terá lugar na tarde do venres 17, cun relatorio que presentaremos no Centro Sociocultural e antigo escolar da Alianza Aresana como preámbulo da exposición e das demais propostas festivas, recreativas e culturais programadas para toda a fin de semana. 
 
Detalle gráfico do panel inicial de Luces de Alén Mar






Ningún comentario:

Publicar un comentario