Buscar neste blog

15/03/2018

Aulasfóra

 

De volta no MUPEGA

Unha tarde aprendendo



Na tarde de hoxe xoves, 15 de marzo, visitamos novamente o MUPEGA, nesta ocasión co alumnado da materia Persoas maiores, Memoria comunitaria e Patrimonio educativo, do Máster Universitario de Investigación en Educación. Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario, que impartimos na Área de Teoría e Historia da Educación da USC. A visita centrouse fundamentalmente na área museográfica dedicada ás Escolas chegadas de Alén Mar. Dita área está directamente relacionada cos contidos tratados no seminario «De centros escolares a lugares de memoria. As escolas de americanos en Galicia como axencias ao servizo da posta en valor da cultura emigrante e do desenvolvemento comunitario a escala local» que forma parte da citada materia do máster e do que somos responsables docentes. A visita rematou cun percorrido pola exposición temporal «O mundo nas mans. Cartografía escolar dos séculos XIX e XX».

Trala sesión académica, os alumnos e as alumnas opcionalmente visitaron pola súa conta a sección das aulas históricas e a sala da Rede MUPEGA.

Moitas grazas pola acollida e os nosos parabéns á técnica da área de didáctica do Museo, Silvia Veiga Salgado, que nos acompañou e guiou durante todo o itinerario polas instalacións museísticas.

No MUPEGA permaneceu durante case cinco meses a mostra Luces de Alén Mar no ano 2013.




2 comentarios:

  1. A laboura que fixo Silvia é digna de eloxio!!
    de 10...
    grazas ao MUPEGA, coma sempre!!!

    ResponderEliminar
  2. Os meus parabéns ó doutor Peña Saavedra. Non se entendería esta exposición sen a súa participación e o seu gran coñecemento sobre as temáticas expostas.

    ResponderEliminar