Buscar neste blog

19/03/2018

Luces de Alén Mar



Luces de Alén Mar na UVigo
Inauguración da mostra en Pontevedra


Hoxe luns, 19 de marzo, quedou inaugurada e aberta ao público a exposición Luces de Alén Mar. As Escolas de Americanos en Galicia na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do Campus de Pontevedra, da Universidade de Vigo, onde permanecerá ata o vindeiro día 23. Na sesión inaugural, presidida polo vicerreitor Juan Manuel Corbacho Valencia, pronunciamos unha conferencia sobre os contidos da mostra, dirixida principalmente ao alumnado, estando presentes tamén varios membros do profesorado e da dirección do centro. Os actos foron organizados e coordinados polo profesor Jorge Soto Carballo, antigo alumno noso, compañeiro no grupo de investigación Terceira Xeración e sobre todo gran amigo. Moitas grazas Jorge por facer posible que Luces continúe o percorrido por Galicia adiante na súa sétima anualidade.



1 comentario:

  1. Grazas a ti Vicente pola túa conferencia maxistral e por unha exposición magnífica no meu nome e de toda a comunidade educativa da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra.

    ResponderEliminar