Buscar neste blog

03/10/2017

Aulasfóra

Co alumnado no MUPEGA







Como todos os anos, ao comezar o curso, o pasado martes 26 de setembro fomos visitar o Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) co alumnado de primeiro do Grao de Pedagoxía e de segundo do Grao de Educación Social. Guiou as dúas sesións da visita o asesor técnico do centro Antonio Cepeda e acompañáronnos a directora e dúas asesoras técnicas de recente incorporación ao establecemento museístico. Esa mesma tarde recibimos no propio museo ao profesor da Facultade de Ciencias da Educación Infantil da Universidade de Artemisa (Cuba) Dr. Lázaro Castillo Hernández, quen se encontra realizando unha estadía académica no marco do convenio de cooperación universitaria internacional entre a súa universidade e a de Santiago de Compostela, na que veño exercendo as tarefas de coordinador do devandito convenio dende hai máis de tres anos.



Ningún comentario:

Publicar un comentario