Buscar neste blog

06/10/2017

Elos



Convenio USC/U-ARTEMISA




Continuando coas actividades de coordinación do convenio de cooperación universitaria internacional entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidad de Artemisa (Cuba), na tarde do pasado mércores 4 de outubro mantivemos unha sesión de traballo co profesor Dr. Lázaro Castillo Hernández na Facultade de Ciencias da Educación. Nela estudamos a apertura de novas liñas de investigación conxuntas para o futuro e a consolidación doutras xa abertas, que se veñen desenvolvendo naquela institución cubana de estudos superiores en torno ás relacións educativas e culturais entre a illa caribeña e Galicia, con particular referencia á cidade de Artemisa e á súa provincia, onde está documentada a presenza de galegos e a súa organización societaria dende as primeiras décadas do século XX. Máis recentemente (2012), a agrupación Ferrol y su Comarca canda o grupo de música e danza Pontepedriña, da sociedade Monterroso y Antas de Ulla, ambas con sede na Habana, participaron na Semana da Cultura Artemiseña, afianzando e dándolle continuidade aos lazos históricos dos galegos con aquela localidade, onde os representantes das asociacións mencionadas recibiron moi boa acollida.
Neste momento están en proceso de elaboración na Universidad de Artemisa varias teses doutorais e de mestrado vinculadas con Galicia, que confiamos cheguen a feliz termo nos meses vindeiros.



Gaceta de Galicia, nº 19, 25/01/1912, p. 2








La Alborada, nº 3, 21/01/1912

1 comentario:

  1. Fui testigo de este "Añorado encuentro", como reza el bolero de Piloto y Vera. Galicia y Cuba agarimándose como es debido. En Cuba y América (-sobre todo La Argentina y El Uruguay); se cimentaron las bases de la Educación en Galicia, a través de la acción vital de la emigración gallega. Ahora esta tierra generosa, a través de pedagogos como Vicente Peña, nos devuelve a los cubanos su idea de un Museo pedagógico como el Mupega. "Toda la sangre formando un río", como dijera Don Nicolás Guillén. Nos inspiran y dan su arsenal de modernos conocimientos a través de un convenio entre dos instituciones educativas tan influyentes como la legendaria Universidad de Santiago de Compostela, y la recién creada Universidad de Artemisa. Muchas gracias, muchas veces, profesor Vicente!!!

    ResponderEliminar